Oitocentos números do boletín F5

O boletín electrónico F5, nacido en outubro de 2002 e que edita todas as semanas o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, chega este xoves 16 ao seu número 800. A newsletter recolle a información máis salientábel da semana para colexiadas e colexiados, xornalistas e público en xeral. 

Ao longo destes dezasete anos, o F5 foi evolucionando até o formato actual, no que destaca distintas informacións disponíbeis na páxina web do Colexio de Xornalistas baixo os epígrafes de "Novas", "Axenda", "Eventos Plus" e "Cursos". 

Se queres recibir o F5 Boletín da Comunicación de Galicia todas as semanas no teu enderezo de correo electrónico só tes que encher o formulario que atoparás ao pé da páxina xornalistas.gal. E para realizar calquera consulta ou cambiar o teu enderezo de correo, podes enviar un mail a xornalistas@xornalistas.gal.

CPXG