Os colexiados do CPXG terán acceso a prezos reducidos á oferta formativa do Col·legi de Periodistes de Catalunya

A raíz dos acordos e a colaboración da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, as colexiadas e colexiados do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia teñen desde agora a posibilidade de acceder á ampla oferta de formación online do Col·legi de Periodistes de Catalunya nas mesmas condicións que os membros do colexio catalán. 

Así, neste momentos está aberta a matrícula aos cursos Iniciación ao SEO: SEO interno e longtailTécnicas de Escritura CreativaIntrodución ao xornalismo móbil, ao que se irán sumando puntualmente todos o resto da formación online en castelán que oferte o Col·legi de Periodistes de Catalunya.

Con estes acordos, o Colexio de Xornalistas quere aumentar a oferta formativa para os colexiados e colexiadas, tratando temas e ferramentas de actualidade para a profesión, nun ámbito necesitado sempre de constante actualización.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de prezo correspondente á Rede de Colexios. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio.

CPXG