Os colexios de xornalistas defenden ante a Universidade a esixencia da titulación para o exercicio profesional

A Faculdade de Ciencias da Información da Universidade Complutense acolleu onte o I Foro Colexios de Xornalistas-Universidade, organizado polos colexios de xornalistas e a Asociación de Universidades con Titulacións en Información e Comunicación (ATIC), coa colaboración da Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE).  

O encontro co alumnado de Xornalismo do último ciclo serviu para achegar aos mozos e mozas a realidade asociativa e colexial dos xornalistas e contou coa participación da presidenta da ATIC e decana de Ciencias da Información da Complutense, Carmen Pérez de Armiñán; o decano do Colegio de Periodistas de Murcia, Juan Antonio de Heras; o decano do Colegio de Periodistas de La Rioja, Javier Alonso García; o vicepresidente da Asociación de Periodistas de Navarra, que está a impulsar un colexio navarro; e a presidenta da FAPE e asociada da Asociación de la Prensa de Madrid, Elsa González. 

No debate, Juan Antonio de Heras presentou ao alumnado o Compromiso Público polo Emprego e a Profesión Xornalística e trasladará o seu contido á sociedade galega. Este acordo, asinado recentemente polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, reclama a creación e dotación de postos de estrutura claramente definidos para o desenvolvemento das funcións propias do xornalismo no ámbito da comunicación social e institucional, ademais de que para realizar estas funcións, en todo caso, sea criterio de selección e acceso ao posto estar en posesión do título universitario correspondente en xornalismo. 

Javier Alonso García explicou as vantaxes da colexiación, presentando un decálogo de razóns para os profesionais se colexiaren, que decidiu comezar coa autoesixencia, posto que estar colexiado implica un plus de responsabilidade na calidade do traballo. A aparición da figura do xornalista no corpus normativo das comunidades autónomas, a obrigación da administración de consultar aos órganos colexiais, a mellora da autoestima profesional e o recoñecemento da sociedade e a presentación como profesionais con garantías foron outras das razóns esgrimidas polo decano rioxano para defender a colexiación. 

Patxi Pérez, finalmente, explicou a convivencia de asociacións e colegios, establecendo liñas de compatibilidade entre ambos, mentres que Elsa González sinalou a importancia da unidad entre os xornalistas e as súas organizacións.

CPXG