Os medios admiten a necesidade de cambiar a óptica patriarcal da información que ofrecen

O pasado 11 de outubro clausuráronse os Primeiros talleres de xénero e comunicación de Catalunya, un debate por un xornalismo non sexista, convocados pola Rede Internacional de Xornalistas con Visión de Xénero (XIDPIC.CAT) e o Instituto Catalán das Mulleres (ICD).
As sesións realizáronse nas sedes das diferentes demarcacións do Col.legi de Periodistes de Catalunya. Participaron unhas sesenta de xornalistas de medios e responsables de comunicación de varias asociacións e institucións.

Na sesión que pechou estas xornadas e nas que participaron responsables de diferentes medios de comunicación cataláns, estes recoñeceron a necesidade de cambiar a súa óptica patriarcal.

Nas propostas aprobadas nestes talleres destácase que o tratamento da noticia debe ser cumpleto: análise, aprofondamento, contraste, claridade e seguimento.

Débense lograr dous obxectivos. O primeiro é crear debate e opinión plural e o segundo, divulgar información que pertenza tamén aos intereses das mulleres.

Os medios xeralistas, en especial os públicos, nas súas funcións de informar, entreter e crear opinión, deberán deixar de enfocar unicamente unha realidade e cunha única mirada:

- Facer un uso non sexista da linguaxe. Utilizar os manuais e recomendacións elaborados para tal efecto.

- Eliminar os anuncios de contactos.

- Visibilizar outros intereses de colectivos menos incidentes á sociedade e aos estamentos de poder.

- Contrastar e documentar as informacións sempre tendo en conta o concepto «xénero», é dicir que sexan presentes os homes e as mulleres.

- Non esquecer que máis alá da vida política hai comunicación e polo tanto se poden xerar outras noticias: na cotidianidade tamén hai a noticia.

Outras propostas

- Elaborar informes globais ou internacionais de ONG, Organismos Internacionais, etc. (memorias, informes, investigacións e estudos) sempre co sesgo de xénero e facendo separatas por temas especiais.

- A nivel local, fomentar a elaboración e difusión de proxectos que faciliten a recuperación da memoria das mulleres de cada municipio, tanto a nivel asociativo como persoal. Isto pódese facer de moitos xeitos, por exemplo a través da convocatoria de bolsas, concursos...

- Incidir de maneira especial nas conmemoracións das festas internacionais: 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres; 28 de maio, Día Internacional da Saúde das Mulleres; 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia cara as mulleres. Tamén nas menos coñecidas como o día de Internet, 17 maio e o día internacional do Blog, 31 de agosto, entre outras, para evitar outra exclusión de xénero.

Temas a tratar relacionados con estas festas:

- 8 de marzo. Laboral: conciliación da vida laboral e a familiar: Permisos de maternidade e paternidade, corresponsabilidade na educación dos fillos e as fillas. Campañas do tipo «arríscate, sé home, e pide o teu permiso de paternidade», novas masculinidades...

- 28 de maio. Declaración dos dereitos Humanos. Dereitos sexuais e dereitos reprodutivos. Dereito ao aborto libre e gratuíto. Doenzas que afectan máis ás mulleres. Investigación de fármacos específicos...

- 25 de novembro Día internacional contra a violencia de xénero. Educación na «non violencia» a través de novos modelos de comunicación. Difundir a través de todos os medios e en especial, dos públicos, locais e xeralistas, informes de entidades como Amnistía Internacional sobre a violación dos dereitos das mulleres. Boas prácticas en información sobre casos de violencia.

SPC
BARCELONA