Os xornalistas portugueses teñen novo Código Deontolóxico

O Sindicato dos Jornalistas de Portugal aprobou un novo Código Deontolóxico para os xornalistas portugueses. A nova redacción do texto inclúe modificacións para autonomizar a cláusula de conciencia, compatibilizar o direito á igualdade de tratamento e á non discriminación e reforzar a protección dos menores.

O Sindicato dos Jornalistas de Portugal aprobou en referendo, celebrado nos días 26, 27 e 28 de outubro, as modificacións ao Código Deontolóxico que foran aprobadas en no 4º Congresso dos Jornalistas de xaneiro deste ano. A participación escasa dos afiliados ao SJ, a penas dun 6%,, foi lamentada polo sindicato, mais aínda así anunciou que as modificacións están aprobadas, de acordo coa Lei Orgánica do Réxime de Referendo portuguesa que se comprometeron a acatar. 

As modificacións do Código Deontolóxico refírense principalmente a tres asuntos: a autonomización da cláusula de conciencia, que pasa a contar un artigo propio; a compatibilización constitucional do dereito á igualdade de tratamento e á non discriminación, para o que se explicitan máis motivos de discriminación a rexeitar, e o reforzo da protección de menores, dos que se rexeita a súa identificación "sexan fontes, sexan testemuñas de feitos noticiosos, sexam vítimas ou autores de actos que a lei cualifica como crime". O novo texto do Código Deontolóxico xa foi publicado na páxina web do Sindicato dos Jornalistas.

CPXG