Pesar en Ourense polo falecemento de Marta Alonso

Os xornalistas ourensáns recibiron hoxe con tristura a nova do falecemento da operadora de cámara Marta Alonso Rodríguez, quen non puido superar unha grave enfermidade e faleceu aos 39 anos de idade despois de exercer a profesión os últimos 14 en diversas produtoras e na TVG.

Marta Alonso comezou a desenvolver o seu labor no ámbito audiovisual con 25 anos, e era moi apreciada polos seus compañeiros. O Colexio de Xornalistas súmase a dor da profesión e traslada as súas condolencias á familia e achegados.

CPXG