Piden explicacións polo recorte de persoal da RTVE en Galicia
O voceiro do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez, pediu onte no explicacións á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) polo novo recorte de persoal que afectará 17 traballadores da delegación de RTVE en Galicia.
A través dunha iniciativa parlamentaria, Rodríguez alertou de que a SEPI elaborou un listado de 164 traballadores que se consideran "excendentes a liquidar" na nova Corporación RTVE, a empresa pública que substituirá ao antigo ente RTVE.
O deputado nacionalista denunciou que este recorte de persoal é "especialmente grave" en Galicia, porque a medida afectaría dezasete traballadores, o que a converte na comunidade máis afectada.
Máis perdas
Ademais, o voceiro do BNG advertiu que, de saír adiante o plano, a delegación de RTVE en Galicia "perdería aínda máis activos", despois de sufrir unha "grave redución de persoal e das emisións en galego" coa última reestruturación.
Por iso, Francisco Rodríguez pediu explicacións ao Goberno e á Sociedade Estatal de Participacións Industriais sobre o número de traballadores da Delegación Territorial de RTVE en Galicia que son considerados "excedentes a eliminar" pola SEPI e subliñou que a supresión de 17 postos de traballo en RTVE é "excesiva, inxustificada e incumpre os acordos asinados cos sindicatos sobre lingua galega".
SANTIAGO DE COMPOSTELA
DIARIO DE FERROL / AGN