Prensa Ibérica recorre ante o Constitucional a condena pola utilización de imaxes de Facebook

Prensa Ibérica Media decidiu presentar recurso de amparo tralo fallo do Tribunal Supremo que condena ao xornal La Opinión de Zamora por publicar unha fotografía obtida da súa conta de Facebook. O grupo editorial entende que o Tribunal Constitucional ten que establecer cal se ten prevalencia o dereito de información e o do dereito á propia imaxe.

O grupo editorial Prensa Ibérica Media, ao que pertencen Faro de Vigo La Opinión de A Coruña, decidiu presentar recurso de amparo no Tribunal Constitucional, tralo fallo do Tribunal Supremo que condena ao xornal La Opinión de Zamora a pagar unha indemnización de 15.000 euros a un home do que publicou unha fotografía obtida da súa conta de Facebook, por considerar este feito como unha intromisión ilexítima no dereito á propia imaxe.

Prensa Ibérica afirma que acata a sentenza pero non comparte os criterios, posto que considera que o mesmo tribunal establece "que o diario non vulnerou en ningún momento o dereito á intimidade nin a honra do demandante" e que "os feitos relatados son de relevancia informativa". Neste sentido, entende que o caso "presenta un claro conflito entre dous dereitos fundamentais recollidos na Constitución Española: o de información e o do dereito á propia imaxe", polo que apela ao Constitucional para establecer cal destes dous dereitos ten prevalencia.

O fallo do Supremo estabelece que publicar unha fotografía nunha rede social accesíbel ao público en xeral autoriza "que eses terceiros podan ter acceso ao contido desa conta e interactuar co titular, pero non que poda publicarse a imaxe do titular da conta nun medio de comunicación", polo que entende que a súa publicación requeriría do consentimento expreso previsto no artículo 2.2 da Lei Orgánica 1/1982 de protección do dereito ao honor e á propia imaxe. 

CPXG