Prezo especial para colexiados no XXI Congreso de Xornalismo Dixital

O Colegio Profesional de Periodistas de Aragón organiza, xunto coa Asociación de Periodistas de Aragón e o Concello de Huesca, o XXI Congreso de Xornalismo Dixital que se celebrará os vindeiros 12 e 13 de marzo no Palacio de Congresos de Huesca (Avda. de los Danzantes, s/n).

Con obxecto de facilitar a asistencia dos membros da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, o XXI Congreso de Xornalismo Dixital ofrece un prezo especial de 70 euros, cun 30% de desconto sobre o prezo total, para as colexiadas e os colexiados do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Ademais da asistencia ao evento do xoves 12, a inscrición inclúe o xantar e a participación nos obradoiros opcionais que se impartirán o venres 13 de marzo.

Entre os nomes que teñen confirmada xa a súa participación no Congreso encóntranse o director adxunto de La Vanguardia, Enric Juliana, que se encargará da inauguración, e o presidente da Axencia EFE, Fernando Garea, que clausurará o Congreso. A presentadora de televisión Mamen Mendizábal e o director de eldiario.es, Ignacio Escolar abrirán a xornada conversando sobre a situación actual do xornalismo.  Tamén vai participar Eduardo Suárez, director de comunicación do Instituto Reuters para o Estudo do Xornalismo da Universidade de Oxford, tratará un dos principais desafíos dos medios dixitais: cómo construir un bo modelo de subscrición. Ademais, para abordar o paso do xornalismo á política, contarase coa presenza de xornalistas que deixaron as redaccións para ocupar un cargo público: Begoña Floria (PSOE), Pablo Montesinos (PP) e Beatriz Pino (Cs), co xornalista de La Sexta Diego Sánchez como moderador.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo xa a través da web do congreso

CPXG