Prezo reducido para membros do CPXG no curso online 'Introducción ao xornalismo de datos'

O Colegio de Periodistas de Castilla y León e a Universidade de Salamanca organizan o curso on-line de especialización profesional Introducción ao xornalismo de datos, que se desenvolverá do 9 de abril ao 20 de maio do 2018. O curso ten matrícula a prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

O xornalismo de datos estase a converter nun xénero informativo con personalidade propia. Buscar, seleccionar, validar e xestionar grandes volumes de datos, polo xeral dispersos e procedentes de distintas fontes, é unha parte cada vez máis importante do traballo dos xornalistas. Ao longo de seis semanas os alumnos deste curso aprenderán a manexar as fontes das que obter os datos, así como a súa xestión e valorización con criterios xornalísticos. A análise de casos prácticos e de técnicas para obter produtos informativos valiosos completa o programa, estructurado en seis módulos que se impartirán noutras tantas semanas.

O custo da matrícula é de 119 euros, cun prezo reducido de 89 euros para colexiados e colexiadas do CPXG. O curso vai constar de 60 horas de formación. Wstá dirixido por Juan Manuel Corchado, catedrático de Ciencias da Computación e Enxeñeiría Artificial da Universidade de Salamanca e director do grupo de investigación BISITE. O coordinador académico é o xornalista Manuel Benito, fundador de Porcentual, unha das empresas de Xornalismo de Datos máis coñecidas do panorama nacional.

Máis información e formulario de matrícula aquí.

CPXG