Remata o prazo para presentar candidaturas ao III Premio José Couso

O prazo para presentar candidaturas para a III edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa remata hoxe. O galardón, organizado polo CPXG e o Club de Prensa de Ferrol coa colaboración de Caixanova, foi presentado o pasado 23 de xaneiro.
Nas candidaturas é preciso incluír unha memoria explicativa na que se argumenten as razóns para apoiar a proposta (mínimo de un folio, máximo de cinco), e un Curriculum Vitae do/a xornalista ou unha explicación da traxectoria da organización (mínimo de un folio, máximo de catro).

Calquera colexiado do CPXG ou socio do Club de Prensa de Ferrol pode presentar unha proposta de candidato para o Premio José Couso. Igualmente pode facelo calquera persoa ou organización vinculada co xornalismo.

O envío de candidaturas realizarase ao seguinte correo electrónico: premiocouso@xornalistas.com