Renovado o convenio con Eurostars Hotels
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de renovar o convenio asinado coa compañía hostaleira Eurostars Hotels, que conta conmáis de 175 hoteis nunha vintena de países.
De acordo co novo convenio, os colexiados e colexiadas van poder beneficiarse dun desconto do 10% sobre a mejor tarifa disponíbel en cada momento para calquera dos estabelecementos de Eurostars Hotels.
Este convenio engádese ao resto que se poden ver na sección Descontos da nosa web. Se aínda non dispós das claves para acceder aos documentos e códigos dos convenios, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.
CPXG