Renovado o convenio con Opticalia Casa dos Lentes

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de renovar o convenio asinado con Opticalia Casa dos Lentes, polo que os colexiados e colexiadas poden beneficiarse de condicións especiais nos estabelecementos de Opticalia en Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra e Monforte de Lemos.

En concreto, o novo convenio ofrece a posibilidade de adherirse ao programa Opticalia Premium Class, que inclúe unesconto do 20% en produtos de óptica, contactoloxía e audífonos e do 10% no resto de produtos, ademais de vantaxes como control visual e auditivo periódico, asesoramento técnico e estético, financiamento a medida ou marcas e promocións exclusivas. As condicións especiais son aplicábeis aos colexiados e colexiadas e aos seus familiares directos. 

Este convenio engádese ao resto que se poden ver na sección Descontos da nosa web. Se aínda non dispós das claves para acceder aos documentos e códigos dos convenios, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.

CPXG