Renovado o convenio con S4 Corredoría de Seguros
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de renovar o convenio asinado coa corredoría de seguros S4, polo que os colexiados e colexiadas van poder beneficiarse de novas condicións especiais na contratación de polizas.
En concreto, o novo convenio ofrece prezos e condicións exclusivas para colexiadas e colexiados nos seguro de saúde para autónomos, seguro de saúde xeral e poliza de vida.
Este convenio engádese ao resto que se poden ver na sección Descontos da nosa web, así como aos que se preven asinar en breve. Se aínda non dispós das claves para acceder aos documentos e códigos dos convenios, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.
CPXG