RTVE terá un Observatorio de Igualdade de Xénero
O Consello de Administración de Radiotelevisión Española aprobou onte a creación dun Observatorio de Igualdade de Xénero, unha proposta incluída no borrador do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A creación deste órgano xa fora formulada, pero rexeitada pola maioría do consello.
O borrador do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, aprobado este luns por unanimidade na subcomisión do Congreso, insta a Radiotelevisión Española a crear un Observatorio de Igualdade de Xénero no seu seo. Hoxe sométese o borrador á Comisión de Igualdade no Congreso dos Deputados e en setembro trasladarase ao Pleno da cámara.
O documento pide, ademais da creación do observatorio, que pide se inclúa formación especializada "en comunicación e xénero, con especial incidencia no tratamento relacionado coa violencia contra as mulleres". Ademais, chama a "incorporar criterios relacionados coa igualdade e a prevención da violencia de xénero na selección, polo comité de cinema de RTVE, dos proxectos cinematográficos financiados".
A reivindicación da creación do Observatorio xa fora levada ao Consello de Administración da corporación. A iniciativa, presentada polo conselleiro proposto polo PSOE, só acadara daquela o apoio de dous membros dos nove que formaban o Consello: el mesmo e a conselleira nomeada a proposta de IU.Onte, na reunión do consello de administración, aprobouse finalmente pólo en marcha.
CPXG