Sorteo de bolsas do 50% de desconto para programas de formación en Galicia Business School

O Colexio de Xornalistas vén de asinar un convenio con Galicia Business School en virtude do cal os colexiados e colexiadas teñen dereito a un desconto do 15% sobre o prezo total dos programas de formación desta empresa. Ademais, até o 10 de outubro, tamén poden presentarse ao sorteo de medias bolsas (dun 50% de desconto sobre o prezo total) para profesionais en activo.

As medias bolsas poden aplicarse nos seguintes programas de postgrao de Galicia Business School: Bolsa Executive MBABolsa MBABolsa MBA Dirección Operacións & Supply Chain Management e Bolsa Mestrado en Márketing e Márketing Dixital

Para participar no sorteo é necesario inscribirse até o 18 de outubro neste formulario. Haberá unha persoa gañadora e 3 suplentes en cada programa de postgrao. As persoas gañadoras terán 48 horas para aceptar a bolsa desde a comunicación dos resultados.

Para resolver calquera dúvida sobre estes programas, podes contactar con Galicia Business School no correo info@galiciabusinessschool.es ou no teléfono 886 317 146.

Podes acceder ao catálogo de descontos e servizos especiais para colexiadas e colexiados a través deste enlace. Para poder ver os códigos de descontos e outras características de cada convenio, cómpre entrar na páxina co teu usuario e contrasinal. Se aínda non dispós das claves para acceder, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.

CPXG