Última semana para cubrir a enquisa sobre cursos de formación
Esta é a última semana para cubrir a enquisa sobre os cursos de formación habilitada polo Colexio de Xornalistas coa vontade de mellorar a oferta formativa para os colexiados e colexiadas.
A enquisa é totalmente anónima e non se tarda máis de cinco minutos en enchela. Os resultados fornecerán datos que nos axudarán a mellorar a oferta de formación para os e as xornalistas. Podes acceder ao cuestionario a través desta ligazón: https://goo.gl/forms/4KnSA6YdGT9vzqgN2.
CPXG