Ás 19:30 deste mércores 30 remata o prazo para presentarse a impartir os talleres da 2ª edición de 'Xornalismo na Escola'

Obradoiro da primeira edición de Xornalismo na Escola

Ás 19:30 deste mércores, 30 de novembro, remata o prazo para presentar candidaturas ás nove prazas para impartir os obradoiros da segunda edición da iniciativa Xornalismo na Escola, convocada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social 'la Caixa'. Nove xornalistas parados serán seleccionados para levar as xornadas didácticas sobre comunicación a alumnos de 3º e 4º da ESO.

As xornadas impartiranse un total de 90 obradoiros para escolares de 3º e 4º da E.S.O, distribuidos entre I.E.S de toda a comunidade. Para impartir os talleres, convócanse nove prazas ás que poderán concorrer calquera colexiado ou colexiada do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que acredite atoparse en paro, tendo preferencia aqueles que se encontren en situación de desemprego de longa duración.

As persoas interesadas en impartir as xornadas deben enviar antes das 19:30 horas do 30 de novembro a solicitude que figura no anexo das bases e un breve curriculum a xornalistas@xornalistas.gal

​Máis información aquí.

CPXG