Un iluminador que traballaba para Globomedia, ferido ó caer nun plató

Un técnico de iluminación de 25 anos encóntrase ferido grave tras ter caído desde unha altura de 2,90 metros cando traballaba para a produtora Globomedia nun plató alugado por Antena 3 na rúa Lanzarote, número 6, da localidade madrileña de San Sebastián de los Reyes.
Fontes da produtora confirmaron que o iluminador sufriu "unha mala caída" e que se golpeou na cabeza. Os seus compañeiros de Globomedia practicáronlle as primeiras manobras de reanimación e despois foi trasladado ó Hospital de La Paz por membros do Summa cun traumatismo craneoencefálico severo.

Este servizo detallou ás axencias de noticias que o accidente ocorreu ás 12.30 horas e que cando chegou o seu UVI o mozo encontrábase en parada cardiorrespiratoria.

O ferido foi intervido nunha operación que xa finalizou. Os médicos están agora á espera da súa evolución, segundo fontes de Globomedia.

O iluminador daba os últimos retoques ó decorado dun programa de telerrealidade que a produtora prepara para Antena 3. A gravación do espazo ía comezar esta mesma tarde pero tras o ocorrido quedou suspendida.

MADRID
EL MUNDO
Charo Marcos