Un único debate a cinco para a campaña do 10-N
O Partido Socialista decidiu este xoves que o seu candidato participará nun único debate electoral a cinco, para o que propón a data do 4 de novembro. O resto de partidos aceptaron a cita, pero criticando que non se vaian a realizar máis encontros, mentres que os medios se enfrentan por ver quen organizará o debate.
A campaña electoral do 10 de novembro resolverase finalmente cun único debate electoral a cinco na televisión. O comité electoral socialista decidiu este xoves participar nunha cita cos candidatos dos cinco principais partidos o vindeiro 4 de novembro e rexeitou que Pedro Sánchez realize debates cara a cara cos cabezas de cartel do resto de partidos. Desde o Partido Popular, Ciudadanos e Podemos criticouse que o candidato socialista se preste a un único debate, ao tempo que se aceptaba participar o debate.
En canto se coñeceu a noticia de que ía haber novas eleccións, e antes incluso de que a convocatoria fose oficial, Televisión Española, Mediaset e a Academia da Televisión ofrecéronse a organizar debates electorais. A proposta da canle pública, en concreto, contemplaba dous debates, un a cinco e outro a sete, e tres 'cara a cara' de Sánchez con Casado, Casado con Rivera e Sánchez con Iglesias. Atresmedia convidou tamén aos distintos grupos a debatir logo de convocadas oficialmente as eleccións.
Queda por resolver a cuestión de quen organizará o debate do 4 de novembro. A Academia de Televisión ofreceuse como "ente neutral", mentres que o Consello de Informativos da RTVE, pola súa banda, reclamou que ser realice na canle pública por ser o "espacio natural". Pola súa banda, Mediaset considera que a súa proposta de facelo en Telecinco debera valorarse "de maneira prioritaria" por terense ofrecido os debates das pasadas eleccións nos seus dous principais competidores.
CPXG