Xa podes visitar a nova sede do Colexio

Interior das novas oficinas do Colexio de Xornalistas na Rúa Ponferrada

A nova sede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, sita na Rúa Ponferrada, número 9, baixo, de Santiago de Compostela, xa está completamente operativa. Podes visitarnos no horario habitual de verán, de luns a venres de 8 a 15 horas.

As novas oficinas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia están situadas no barrio das Fontiñas da capital galega, na Rúa Ponferrada, número 9, baixo (15707 Santiago de Compostela). Clicando aquí podes ver a situación da sede nun mapa.

Con este cambio o Colexio vai contar cunha mellor equipación tecnica e vai reducir, cumprindo o compromiso da Xunta de Goberno, os gastos fixos producidos pola sede. Ademais de estar plenamente equipada, a nova ubicacióncontinúa a contar, como non podía ser doutro xeito, cunha sala de reunións na que se poden realizar roldas de prensa e un espazo de traballo para colexiados e colexiadas.   

Até o final de setembro, a nova ubicación do Colexio estará aberta no horario marcado polo convenio de Despachos e Oficinas da provincia de A Coruña para os meses de verán, de luns a venres de 8 a 15 horas, comezando a partir de outubro a abrir no horario de inverno.

Ademais, as persoas interesadas en contactar co Colexio poden continuar a facelo polos medios habituais, mediante o enderezo eletrónico xornalistas@xornalistas.gal ou chamando ao teléfono 981 935 670.

CPXG