Xan Freire: “A precarización dos medios públicos fixo que a tecnoloxía se antepuxese ao xornalismo”

Xan Freire na redacción de informativos da TVG (Foto: Fran Piñeiro)

Este pasado mes de xaneiro facíanse 30 anos da Guerra do Golfo, unha crise que Xan Freire viviu sobre o terreo como enviado especial da Televisión de Galicia. Non era a primeira situación crítica que narraba para as cámaras da Galega. Tamén cubriu o plebiscito en Chile, a hiperinflación arxentina do 89 ou a guerra de Kosovo. Ao longo das máis de tres décadas que leva na televisión pública logo dos seus inicios como correspondente de El Progreso en Barcelona, asumiu tamén responsabilidades na dirección, edición e presentación de informativos. Foi un dos impulsores da creación do Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia e formou parte da súa xunta directiva. Na actualidade é redactor do Telexornal Mediodía, onde se ocupou, durante gran parte do último ano, da información estatal ámbito estatal sobre a pandemia.

–Sen mísiles nin bombardeos, pero cunha crise sanitaria mundial, dirías que é comparable o traballo dun reporteiro nunha guerra co que se pode facer no escenario actual?

Non teñen nada que ver, a única similitude posible é o deber do xornalista de contar as cousas que lle pasan á xente nas situacións máis extremas, falar coa xente. Porque ao final, o importante é falar das persoas, nunha guerra ou nunha pandemia.

–E cres que iso se está logrando?

Creo que iso está empezando agora, pero tivo que pasar un ano. É agora cando empezamos a poder ver, escoitar e ler a xente falando do que lle pasa e de como se sente, aos profesionais sanitarios, aos enfermos que sofren, ás súas familias. Ao principio nada, non entrabamos nos hospitais, nin nos achegabamos apenas. E non ten moito sentido falar dunha pandemia e non escoitar directamente aos que a sofren ou aos que a combaten. Agora empezamos a ver algo, pero tampouco moito.

Accede á entrevista completa para colexiados e colexiadas aquí