Xornalismo na Escola chega a Terra de Montes

Obradoiro de Xornalismo na Escola no IES Xelmírez I de Santiago

O venres 5 de maio o IES da Estrada Manuel García Barros súmase á segunda edición de “Xornalismo na Escola”, unha iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social “la Caixa” que ten por obxecto impartir obradoiros entre os escolares de 3º e 4º da ESO nos institutos de educación secundaria de Galicia.

Neste caso, alumnos de terceiro da ESO participán desta iniciativa coa que se continúa no desenvolvemento desta actividade que se iniciou a principios de marzo no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía. É a primiera vez que Xornalismo na Escola chega á comarca de Tabeirós-Terra de Montes. En total serán 75 alumnos deste instituto os que participarán ao longo deste mes de maio desta iniciativa coa que se pretende achegar os medios de comunicación aos máis novos.
 
O obxectivo é tratar de inculcar na xuventude o espírito crítico ante a información e as noticias nos medios de comunicación offline e online. Deste xeito, os alumnos tratarán temas como os riscos e vantaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC), a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou tamén o que pode supór para á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.

O proxecto de Xornalismo na Escola, que se pode seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscola, é posible grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa. A súa primeira edición levou con grande éxito máis de sesenta talleres de comunicación a case corenta puntos da xeografía galega. Lugares como Arteixo, Arzúa, O Barco, Barro, Cambre, Monforte, Muros, Negreira, Sada ou Salvaterra foron algunhas das localidades ata as que chegaron os obradoiros.
 
A Obra Social ‘la Caixa’ está a levar esta iniciativa a outras cidades e comunidades autónomas, onde xa hai algúns anos que se puxo en marcha o proxecto. Cataluña, Sevilla e Madrid son algúns deses lugares onde se ven celebrando obradoiros de similares características.

CPXG