Xornalismo na Escola debate importantes temas da actualidade co alumnado do IES Valle Inclán de Pontevedra

O xornalista Victor Sariego nun momento do obradoiro

A “posverdade”, a violencia de xénero, o terrorismo, a deontoloxía profesional no xornalimo, bulos, feaks ou xornalismo de investigación son algún dos temas que o xornalista Víctor Sariego debatiu este luns no IES Valle Inclán con maís de cuarenta alumnos e alumnas de 4º da ESO en dous obradoiros incluidos no programa Xornalismo na Escola e que agora vence a renovar e ampliar cunha segunda edición máis ambiciosa e polo éxito obtido na edición anterior.

Unha iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social de La Caixa que ten, entre outros obxectivos, inculcar na xuventude espíritu crítico ante a información e as noticias nos medios de comunicación off line e on line; os riscos e ventaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC); a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo; e tamén que pode supoñer para á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.

Isto entre outras interesantes cuestións da profesión que, coa forma de obradoiros rigorosos e a súa vez, amenos e participativos, pretenden recuperar a dignidade na profesión, o entendemento e a complicidade dos maís novos a que tamén pretendemos descubrirlles a propia profesión polo amplo descoñecemento social que existe na actualidade en torno ao sector e fomentar entre a xuventude unha actitude diferente e motivadora, ante os profundos cambios que están acontecendo no xornalismo actual, caracterizado por su ámbito dixital e a comunicación on line.

Angel Castro, Susana Bastón, Sara Martínez, Xosé Lois Carrión, Águeda Penedo, Lucía Alvarez, Elvira Alvarez Gayo, Angeles Fernández e Víctor Sariego son os licenciados e licenciadas en Xornalismo –todos eles con ampla traxectoria profesional- que despois dunha selección a nivel galego van impartir os 90 obradoiros en case o mesmo número de Institutos do Ensino de Secundaria (IES) de Galicia.

O proxecto de Xornalismo na Escola, que se pode seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscola, é posible grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa e que agora se renova e amplía cunha segunda edición máis ambiciosa polo éxito obtido na edición anterior. Barcelona, Sevilla e Madrid, son algunhas localidades onde se veñen celebrando talleres de similares características dende hai uns anos con gran éxito, aceptación e moi bos resultados.

 

CPXG