Xornalismo na Escola "la Caixa" leva a comunicación a A Pobra, Ourense, Moraña, Coles, Laxe e Xinzo

'Xornalismo na Escola "la Caixa"', a iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’ terá a vindeira semana un amplo programa con once obradoiros distintos en centros de ensino da Pobra do Caramiñal (luns 25), Ourense (luns 25), Moraña (martes 26), Coles (martes 26), Laxe (mércores 27) e Xinzo de Limia (xoves 28).

O programa didáctico sobre os medios de comunicación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ´la Caixa` visita a semana que vén o IES da Pobra do Caramiñal, o IES Otero Pedrayo de Ourense, o CPI Santa Lucía de Moraña, o CPI Antonio Failde de Coles, o CPI Plurilingüe Cabo da Area de Laxe e o IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia. Así, o programa desta nova semana de obradoiros de xornalismo é o seguinte: 

  • Luns 25 no IES da Pobra do Caramiñal, entre as 10:40 e as 12:20, entre as 12:40 e as 14.20 e entre as 16.20 e as 18.00 horas. Imparte os obradoiros David Fontán Bestilleiro.
  • Luns 25 no IES Otero Pedrayo de Ourense, entre as 11:20 e as 12:50 e entre as 13:00 e as 14:30 horas. Imparte os obradoiros Edgar Melchor Fernández.
  • Martes 26 no CPI Santa Lucía de Moraña, entre as 13:15 e as 15:00 horas. Imparte o obradoiro Alfonso González Redondo.
  • Martes 26 no CPI Antonio Failde de Coles, entre as 14:30 e as 16.00 horas. Imparte o obradoiro Edgar Melchor Fernández.
  • Mércores 27 no CPI Plurilingüe Cabo da Area de Laxe, entre as 9:35 e as 11:05 e entre as 11:15 e as 13:00 horas. Imparte os obradoiros Davide Fernández García.
  • Mércores 27 no IES As Lagoas Ourense, entre as 11:30 e as 13:15. Imparte o obradoiro Edgar Melchor Fernández.
  • Xoves 28 no IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia, entre as 10:30 e as 12.10 e entre as 12.30 e as 14:10 horas. Imparte os obradoiros Edgar Melchor Fernández.

 

Estes obradoiros forman parte dun total de 90 que pretenden chegar a miles de rapaces e rapazas de toda a comunidade. Susana Bastón Carballo, Pablo Díaz Bouza, Davide Fernández García, David Fontán Bestilleiro, Alfonso González Redondo e Edgar Melchor Fernández son os e as xornalistas –todos eles con ampla traxectoria profesional– que están impartindo talleres en distintas localidades galegas.

Durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio, os seis xornalistas tratarán de fomentar que a xuventude galega coñeza o funcionamento dos medios de comunicación, así como estimular o seu espírito crítico ante os contidos que se difunden nos distintos soportes offline e online. Deste xeito, os alumnos tratarán temas como os riscos e vantaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC), a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou, tamén, como lle afecta á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.

Este proxecto, que se pode seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscolalaCaixa, naceu grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa. As tres primeiras edicións de ‘Xornalismo na Escola “la Caixa”’ desenvolveron con grande éxito no 2016, 2017 e 2018 uns 250 talleres de comunicación nun cento de puntos da xeografía galega, levando estes obradoiros a miles de alumnos e alumnas da comunidade.

A Obra Social ‘la Caixa’ está a levar esta iniciativa a outras cidades e comunidades autónomas, onde xa hai algúns anos que se puxo en marcha o proxecto. Cataluña, Sevilla e Madrid son algúns deses lugares onde se ven celebrando obradoiros de similares características.

CPXG