Xornalistas retidos por traballar sen autorización na T4 de Barajas

A Policía Nacional mantivo retidos na Comisaría da Terminal 4 do Aeroporto de Barajas a tres xornalistas que accederan nun vehículo de Protección Civil ás inmediacións do aparcamento onde fixo explosión o coche-bomba colocado por ETA.
Os xornalistas, un redactor de RNE, outra redactora de Europa Press e un reporteiro de Telemadrid, puideron recoller testemuños e mesmo entrar no módulo D do parking, onde o reporteiro gráfico gravou algunhas imaxes, antes de que axentes da Policía Nacional lles impediran seguir co seu traballo porque carecían de permiso para estar alí.

Tras tomar nota dos seus datos persoais, os informadores foron levados nun furgón policial á comisaría da Terminal 4, que abandonaron poucos minutos despois tras firmar unha declaración na que se explicaba todo o sucedido.

Segundo Europa Press, os policías, que profesaron un trato amable para os informadores en todo momento, comprenderon desde o principio que os xornalistas estaban a realizar o seu traballo e que descoñecían que realmente non tiñan autorización policial para estar xunto ó aparcamento.

De feito, a Policía non puxo impedimento para a emisión das imaxes captadas polo cámara e os propios axentes se ofreceron para levar ós informadores onde quixesen tras os trámites policiais.

MADRID
PERIODISTAS-ES