Carnés profesionais

Ao colexiáreste recibirás o carné oficial do CPXG. Alén diso, podes solicitar como colexiado/a o Carné Internacional de Prensa da FIP.

Carné do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

O carné do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia é un documento oficial que te identifica como profesional do xornalismo e te acredita como membro do CPXG.

Ademais, ábreche a porta aos servizos exclusivos para que o CPXG oferta a colexiadas e colexiados: descontos e promocións especiais nas empresas asociadas; acceso aos cursos, conferencias e actividades de formación do colexio; apoio legal e usuario e contrasinal para o uso da intranet de xornalistas.gal.

Carné Internacional de Prensa da FIP

Para que serve?

É a acreditación máis antiga e con maior prestixo. Ofrece unha confirmación instantánea de que o seu portador é un xornalista en activo. Só contan con el xornalistas xenuínos comprometidos cos niveis éticos e de solidariedade dos profesionais dos medios.

Os xornalistas que viaxan a zonas de conflicto son testemuñas dos beneficios obtidos co Carné de Prensa da FIP. Axudou a moitos xornalistas a saír de situacións difíciles frente a soldados, policías ou funcionarios. Abre a porta en encontros oficiais. Os seus titulares teñen vantaxes polo seu recoñecemento oficial por parte da Unión Europea e das axencias de Nacións Unidas.

Non podemos considerar menor o feito de que o Carné de Prensa da FIP axuda, en moitos países, a lograr o seu acceso a distintos medios e acontecementos. Isto non sempre está garantido, pero ofrece aos xornalistas unha mellor oportunidade para ter éxito, antes que con outras acreditacións internacionais.

Sobre a FIP

Hai xa 80 anos que este carné foi emitido pola maior organización mundial de grupos de xornalistas. Cando un beneficiario do Carné de Prensa da FIP viaxa pode contar coa rede da FIP para recibir axuda. Na maioría dos países, os xornalistas nacionais están dispostos a axudar a quen conta con el.

A FIP apoia aos titulares do seu carné de prensa, incluíndo o acceso á rede IFEX, que é unha coalición de grupos de xornalistas e pola liberdade de prensa, que observa o estado da liberdade de prensa en todo o mundo.

Todos os titulares do carné teñen acceso aos boletíns periódicos da FIP e á actualización do seu calendario de accións de defensa dos xornalistas. Se queres saber máis, podes poñerte en contacto con nós e obter máis información na web da Federación Internacional de Xornalistas.

Como conseguilo?

Os xornalistas das organizacións vinculadas á FeSP, como é o caso dos membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), poden solicitar o carné da FIP. Para facelo, é preciso enviar ao Colexio, ademais dunha fotografía recente, os seguintes datos: nome completo, data de nacemento, nacionalidade, enderezo postal persoal completo, correo electrónico, número do documento de identificación (NIF, NIE ou pasaporte) e data de caducidade do mesmo. O custo da emisión do carné é de 64 Euros e ten unha validez de 2 anos.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co Colexio a través de xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 93 56 70.