'Cómo falar en público: Habilidades de Comunicación Verbal, Non Verbal e Márketing'

O Centro UNED de Ourense organiza entre os días 27 de febrero e 1, 6 e 8 de marzo o Curso de Extensión Universitaria Cómo falar en público: Habilidades de Comunicación Verbal, Non Verbal e Márketing. O curso vaise realizar en horario de 18 a 21 horas no salón de plenos do Concello do Carballiño (Praza Maior, s/n).

O custo da matrícula e de 20 euros para colexiados e colexiadas do CPXG, cun prezo reducido de 10 euros para persoas en situación de desemprego. O curso vai constar de 25 horas de formación, 16 delas presenciais e 9 a distancia, que se van desenvolver dacordo co seguinte programa:

Martes 27 de febreiro

18:00-21:00 h. Comunicación non verbal. A linguaxe corporal, non transmitir nerviosismo cos acenos, a roupa que se debe usar, a ollada, a postura...

Xoves 1 de marzo

18:00-21:00 h. Comunicación non verbal. Como captar a atención, o inicio dun discurso, o valor dos silencios, a importancia das preguntas. Control do tempo e un bo remate do discurso.

Martes 6 de marzo

18:00-21:00 h. Comunicación verbal: que linguaxe debemos usar, falar pausado, transmitir seguranza coas palabras que se usan. Ler en voz alta, vocalización e dicción. 

Xoves 8 de marzo

18:00-21:00 h. Identificar cales son as palabras clave que nos definen para potenciar o noso discurso. Evitar muletas. Explotar as cualidades propias e aprender a comunicalas. 

O curso estará impartido por Alba Adá Lameiras, licenciada en Xornalismo e experta en Comunicación 2.0. A matricula abrirase o día 15 de xaneiro.

A realización do curso está suxeita á inscrición dun número suficiente de alumnos.

Documentación

Descargar todo