A retransmisión deportiva audiovisual

O Colegio de Periodistas de Castilla y León e a Universidade de Salamanca organizan o curso on-line de especialización profesional A retransmisión deportiva audiovisual, que se desenvolverá do 19 de outubro ao 29 de novembro do 2020. O curso ten matrícula a prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

A retransmisión é o xénero por excelencia que exerce como selo de distinción dun xornalismo tan especializado como o deportivo. Imos camiño de cumprir un século de produción de retransmisións, que evolucionaron para se adaptar aos cambios narrativos e tecnolóxicos do mundo audiovisual. Para se dedicar profesionalmente ás retransmisións deportivas é preciso coñecer e saber manexar os procesos e ferramentas necesarias para a súa máxima optimización. O rigor, a emotividade, o correcto uso da linguaxe, un manexo vocal que permita controlar as altas intensidades e as variacións tonais, e por suposto, o particular modo de contalo de cada un.

Neste curso de especialización, traballarase o manexo dos elementos humanos e técnicos, a cualificación expresiva e a súa convivencia coa tecnoloxía, aspectos todos que, máis aló da teoría, hai que ter en conta para se converter nun profesional. A partir de material descargábel, pezas de audio e vídeo e dos foros de debate, este curso trata de axudar a todos aqueles que queiran perfeccionar ou iniciarse na nobre arte da narración deportiva.

O curso está dirixido por Alberto Pérez Sánchez, doctor en Comunicación, locutor e analista en GOL televisión e la Liga TV e autor do libro A retransmisión do fútbol na radio e coordinado por Ignacio Coll Tellechea, licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense e vicedecano do Colegio de Periodistas de Castilla y León. O custo da matrícula e de 119 euros, cun prezo reducido de 89 euros para colexiados e colexiadas do CPXG. O curso vai constar de 60 horas lectivas.

Máis información e matrícula na web do Colegio Profesional de Periodistas de Castilla y León.