Claves para a Comunicación e Investigación Científica no século XXI: retos, oportunidades e "fakes"

O Centro UNED da Coruña organiza o 22, 24 e 26 de outubro o curso de extensión universitaria Claves para a Comunicación e Investigación Científica no século XXI: retos, oportunidades e "fakes". O curso vaise impartir en horario de 17:00 a 21:00 horas no Centro Asociado da UNED da Coruña (Rúa Educación, 3), e pode realizarse tamén a través da internet.

O custo da matrícula e de 35 euros, con prezo reducido de 25 euros para o alumnado da UNED. O curso vai constar de 25 horas lectivas, que se van desenvolver dacordo co seguinte programa:

Luns 22 de outubro

1. A comunicación científica.
- Definicións. 
- A divulgación científica. 
- Educación vs divulgación. 
- Desenvolvemento histórico. 
- Tendencias actuais. 
- Perspectivas de futuro.

2. A investigación científica.
- Definición. 
- Desenvolvemento histórico. 
- Marco legal.

Mércores 24 de outubro

3. Tipos de formatos na comunicación e investigación científica.
- Comunicación científica nos medios escritos.
- Comunicación científica na televisión e medios audiovisuais.
- Comunicación científica na radio.
- Comunicación científica na Internet.
- Comunicación científica nas redes sociais.

4. Desenvolvemento dun traballo de comunicación e investigación científica.
- O tema.
- As fontes de información.
- Os elementos formais.
- O papel científico.
- A noticia.
- A crónica.
- A reportaxe.
- A entrevista.
- Outros. 

Venres 26 de outubro

5. Consideracións éticas na comunicación e investigación científica.
- Ciencias vs Pseudociencias.
- O "amarelismo" na comunicación científica.
- O fake ou a noticia bulo.
- O plaxio.
- Os resultados.

O curso estará impartido por José Manuel Varela Senra, doutor en Ciencia e Tecnoloxía ambiental, licenciado en Ciencias Químicas, diplomado en Ciencias Ambientais e enxeñeiro técnico en Explotacións Forestais. Máis información e matrícula aquí

A realización do curso está suxeita á inscrición dun número suficiente de alumnos.