Claves para a redacción dixital e de marca

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online 'Claves para a redacción dixital e de marca', do martes 17 de novembro ao xoves 17 de decembro de 2020. O curso, dunha duración de 10 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

Con este curso, o alumno ampliará os seus coñecementos sobre redacción, coñecendo as singularidades que achega o contexto da Internet e achegando todas as ferramentas que debe coñecer para adaptar a súa forma de escribir a aquilo que demandan actualmente os xestores de contido, o posicionamento e a forma na que o usuario consume hoxe en día o contido.

O curso constará de seis video-leccións onde se achegarán os diferentes coñecementos que compoñen o curso. A través da plataforma Moodle, os alumnos terán acceso a exercicios prácticos para se pór ‘mans ça obra’ tras cada un dos vídeos. O profesor revisará todos os exercicios dando o feedback necesario e persoalizado para cada alumno.

O curso estará impartido por Adrián Caballero Escusol, xornalista freelance e politólogo, e subdirector de Report.cat, o semanario dixital do Col·legi de Periodistes. En paralelo a proxectos como o podcast Simple Política, é tamén profesor de Redacción Profesional na ESPRI e de Ofimática avanzada na ESIC.

En virtude dos acordos da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, o Col·legi ofrece aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do resto de colexios a posibilidade de seguir este curso online nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi de Periodistes de Catalunya, cun prezo de 85 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de prezo correspondente á Rede de Colexios. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa