Como utilizar Instagram stories

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online Como utilizar Instagram stories, que se desenvolverá do 6 ao 30 de setembro. O curso, dunha duración de 8 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

O curso vai ensinar como algúns medios e empresas utilizan Instagram stories para explicar noticias ou transmitir mensaxes á súa audiencia de forma innovadora. Analizarase como podemos utilizar as ferramentas que a mesma aplicación pon a disposición do usuario, probaranseaplicacións para crear Instagram stories e crearse un conxunto de stories que constrúan un relato. Esta formación está destinada a persoas que teñan un coñecemento básico ou nulo da ferramenta.

O curso combinará a exposición teórica a través de vídeos gravados con materiais en diferentes soportes. Tamén se requirirá que o alumno/a realice exercicios vinculados a cada bloque temático, cun exercicio por semana. Durante a primeira semana, o alumno/a deberá buscar cinco exemplos de uso de stories por parte dunha empresa, entidade e/ou medio de comunicación. Deberá analizar que lle gusta e que non de cada unha das propostas seleccionadas e argumentar as súas opinións. Na segunda, creará un guión para contar unha historia a través da plataforma. Na terceira, producirá os stories que pense no guion.

O curso estará impartido por Laia Ros Padullés, xornalista multimedia e fotógrafa, graduada en xornalismo pola Universidade Pompeu Fabra. Actualmente traballa como xornalista multimedia en Junior Report. Tamén é xefa de prensa do Festival Internacional de Cine de Danza Choreoscope e colaborou coa BBC. Traballou como xornalista multimedia en Nushu, un medio que achega as noticias aos nenos e ás escolas mediante cómics e unha aplicación de realidade aumentada. Como fotógrafa, recibiu recoñecementos internacionais polo seu traballo no campo de refuxiados de Idomeni, en Grecia.

En virtude dos acordos da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, o Col·legi ofrece aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do resto de colexios a posibilidade de seguir este curso online nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi de Periodistes de Catalunya, cun prezo de 56 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de prezo correspondente á Rede de Colexios. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa