IV Curso O novo protocolo para os novos tempos

O Centro Asociado da UNED en Ourense organiza, coa colaboración do CPXG, o IV curso O novo protocolo para os novos tempos, centrado en cerimonial e protocolo institucional, a desenvolver do 12 ao 13 de maio de 2017 no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, Ourense). O curso está indicado a xornalistas que traballen en gabinetes.

O custo da matrícula e de 50 euros, cun prezo reducido de 40 euros para colexiados e colexiadas e 25 euros para persoas en situación de desemprego. O programa de formación vai constar de 20 horas lectivas presenciais, que se van desenvolver de acordo co seguinte programa:

venres, 12 de maio

09:00-11:30 h. Protocolo empresarial
Juan José Feijoo Sánchez, Delegado Territorial de Galicia da AEP

11:30-13:00 h. Protocolo municipal 
Ramón Peche Villaverde, Xefe de Protocolo do Concello de Aranjuez e vicepresidente da Asociación Española de Protocolo

13:00-14:00 h. Debate cos relatores da mañá
Juan José Feijoo Sánchez, Delegado Territorial de Galicia da AEP

16:00-18:00 h. Protocolo nas Deputacións
Rafael Vidal Gómez de Travesedo, Xefe de Protocolo da Deputación da Coruña

18:00-20:00 h. Algunhas cuestións de Protocolo Litúrxico
Elisardo Temperan Villaverde, Prefecto de Cerimonias da Catedral de Santiago

20:00-20:30 h. Debate cos relatores da tarde
Elisardo Temperan Villaverde, Prefecto de Cerimonias da Catedral de Santiago
Rafael Vidal Gómez de Travesedo, Xefe de Protocolo da Deputación da Coruña
Juan José Feijoo Sánchez, Delegado Territorial de Galicia da AEP

20:30-21:00 h. Primeira sesión de vídeos de cerimonias institucionais. Lapsus e erros.
Juan José Feijoo Sánchez Delegado Territorial de Galicia da AEP

sábado, 13 de maio

09:00-11:00 h. O cerimonial e protocolo na Policía Nacional
Luis Manuel García Maña, Académico correspondente da RAG. Comisario principal honorario. Senador

11:00-12:30 h. As mñas vivencias protocolarias no ámbito diplomático
Miguel Antonio Arias Estévez, Diplomático e ex embaixador

12:30-13:00 h. Debate
Miguel Antonio Arias Estévez, Diplomático e ex embaixador
Luis Manuel García Maña, Académico correspondente da RAG. Comisario principal honorario. Senador
Juan José Feijoo Sánchez, Delegado Territorial de Galicia da AEP

13:00-14:00 h. Segunda sesión de vídeos de cerimonias institucionais
Cristina Rey Vázquez, Profesora e Experta en Protocolo e Cerimonial

16:00-17:30 h. Protocolo e cerimonial militar
Carlos J. Medina Ávila, Director de Desenvolvemento de Negocio. Vertical de Defensa e Aeroespazo. Coronel de Artillería DEM. Ex director de Protocolo e Relacións Externas de Defensa

17:30-18:30 h. Protocolo Deportivo
Juan Angel Gato Gómez, Presidente da Asociación Española de Protocolo

18:30-20:15 h. Terceira sesión de vídeos de cerimonias institucionais
Cristina Rey Vázquez, Profesora e Experta en Protocolo e Cerimonial

20:15-21:00 h. Debate cos relatores da sesión da tarde
Carlos J. Medina Ávila, Director de Desenvolvemento de Negocio. Vertical de Defensa e Aeroespazo. Coronel de Artillería DEM. Ex director de Protocolo e Relacións Externas de Defensa
Juan Angel Gato Gómez, Presidente da Asociación Española de Protocolo
Juan José Feijoo Sánchez, Delegado Territorial de Galicia da AEP

O curso está dirixido por Jesús De Juana López, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo e coordenado por Juan José Feijoo Sánchez, delegado territorial de Galicia da Asociación Española de Protocolo.

Máis información e formulario de matrícula aquí.

A realización do curso está suxeita á inscrición dun número suficiente de alumnos.