Lateral thinking para autónomos: Coñécete, reinvéntate e inspírate

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o obradoiro online "Lateral thinking para autónomos: Coñécete, reinvéntate e inspírate", formado por tres webinars que se emitirán en directo os días 6, 7 e 8 de abril de 16.00 a 17.00 horas. En caso de non poder asistir á sesión en directo, poderase consultar máis tarde os vídeos gravados destas sesións. O obradoiro, dunha duración de 3 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

O lateral thinking é un xeito de resolver problemas utilizando un enfoque indirecto e creativo a través dun razonamiento que non é inmediatamente obvio. Implica ideas que poden non obterse utilizando só a lóxica tradicional paso a paso. O obradorio está creado por autónomos para autónomos que buscan inspiración e motivación para seguir abríndose camiño hoxe e mañá. 

O obradoiro estará impartido por Txomin Mateos Arnaiz e Pilar Yépez Molina. Mateos, licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidad Autónoma de Barcelona e PDD por el IESE, traballou en empresas multinacionais e en pemes desenvolvendo funcións directivas en marketing, trade marketing e vendas. Dende 2014 é Director de Servizos Clientes de Úbica Below e dende 2015 consultor senior da Generalitat de Catalunya nos programas Catalunya Emprèn y Consolida’t. Yépez, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Faculdade de Ciencias da Información de Sevilla, foi directora creativa en axencias españolas dedicadas ao márketing online ou ao marketing below the line. Desde o 2009, é directora creativa e socia fundadora de Úbica Below. É profesora e relatora con máis de 15 anos de experiencia dando cursos especializados nesta materia en distintos centros e universidades.

En virtude dos acordos da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, o Col·legi ofrece aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do resto de colexios a posibilidade de seguir este obradoiro online nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi de Periodistes de Catalunya, cun prezo de 26 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de prezo correspondente á Rede de Colexios. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa