'O papel dos medios de comunicación en medicina reprodutiva'

"O papel dos medios de comunicación en medicina reprodutiva" é un dos apartados do XII Curso de actualidade en aspectos ético-legais e psicosociais en xinecoloxía, obstetricia e técnicas de reprodución asistida, que organiza a Fundación IVI organiza do 27 ao 28 de abril no Hotel NH Palacio de Vigo (Rúa García Barbón, 17-19). 

Así, o día 27, o curso vai acoller as conferencias "A televisión na difusión do coñecemento científico en medicina reprodutiva", de Fernanda Tabares (de 16:30 a 17:00); "As redes sociais en medicina reprodutiva", polo Dr. José Luis Gómez (de 17:00 a 17:30), "Como redactar un artigo de prensa en medicina reprodutiva", de Elena Ocampo (de 18:00 a 18:30) e "A figura do "coach" ante problemas reprodutivos", impartida pola Dra. Fátima  Arantxa (de 18:30 a 19:00). A xornada vai finalizar cunha mesa redonda coa participación de Irene Bascoy.

A inscrición no curso é gratuíta e ten que realizarse a través da sección de docencia da páxina da Fundación IVI