Xornalismo na Escola, iniciativa do Colexio de Xornalistas e a Obra Social ‘la Caixa’, imparte un novo taller en Bueu

Obradoiro de 'Xornalismo na Escola' en Bueu

Os obradoiros de 'Xornalismo na Escola' para escolares de 3º e 4º da ESO dos institutos de educación secundaria de Galicia, postos en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Obra Social ‘la Caixa’, continúan hoxe cunha nova xornada en Bueu.

O IES de Bueu acolleu hoxe un novo obradoiro de ‘Xornalismo na Escola’, a iniciativa organizada polo Colexio de Xornalistas e a Obra Social ‘la Caixa’ coa que se trata de introducir aos alumnos e as alumnas de 3º e 4º da ESO  no mundo do xornalismo. O taller foi impartido por Víctor Sariego, licenciado en Xornalismo pola USC e con experiencia en medios como Oviedo TV, La Capital, Diario de Pontevedra ou Xornal de Galicia, entre outros. Nel os e as escolares achegáronse a temas como os distintos xéneros informativos, o funcionamento dos medios ou a manipulación informativa.

'Xornalismo na escola' continúa a semana que vén cun novo obradoiro, o martes 8 de marzo, no IES Pintor Colmeiro de Silleda, que estará impartido por Olalla Liñares. E para a seguinte semana, a actividade de 'Xornalismo na Escola' multiplicarase con talleres en Cambre, Poio, Negreira, Muros, Salvaterra de Miño, Ames, Ordes, Santa Comba, Porriño e O Grove. 

Este proxecto foi posible grazas a un acordo acadado a finais do ano pasado entre o Colexio de Xornalistas e a Obra Social ‘la Caixa’. Asemade, a Obra Social ‘la Caixa’ está a levar esta iniciativa noutras cidades e comunidades autónomas, onde xa fai algúns anos que se puxo en marcha o proxecto. Cataluña, Sevilla e Madrid, son algúns deses lugares onde se ven celebrando talleres de similares características.

CPXG