A II Edición de Xornalismo na Escola continúa este mércores no IES Rosais 2 de Vigo
Xornalismo na Escola, o proxecto do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa co que se pretende achegar os medios de comunicación aos máis novos, continúa mañá, 3 de maio, en Vigo da man do xornalista Víctor Sariego, que impartira dous novos obradoiros entre as 9:00 e as 12:00 horas no IES Rosais 2 (Rúa Coutadas, s/n).