1.000 días para o apagón analóxico

Dossieres

Só quedan mil días para o apagamento tecnolóxico. Espérase que máis de 14 millóns de persoas deixen de recibir o sinal de TV analóxica antes de 2010, segundo os proxectos que están previstos no borrador do Ministerio de Industria. En Galicia, o Goberno da Xunta comprométese a garantir o éxito da implatación da TDT en Galicia. Por outra banda, seguen a loitar contra a venda de televisores que non leven receptor.

Na actualidade a cobertura á TDT acada o 80,45% e espérase que aumente ata o 85% en agosto deste ano. Estes niveis auguran unha próspera transición, segundo o presidente da Asociación para a implantación e o Desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre, Jaime Castellanos, quen deu as claves da transición que deben facer todos os españois antes do ano 2010. «Non hai ningún país europeo que alcance este nivel de cobertura nestes momentos», subliñou.

Castellanos fixo un chamamento aos actores e axentes sociais que interveñen neste proceso porque «no prazo de mil días pódese cumprir con éxito». Unha chiscadela aos produtores de televisións, aos que instou a fabricar aparellos que leven incorporada TDT.

Na súa opinión é importante que se realice un labor de concienciación social para garantir a transición cara ao aceso dixital. E é que a TDT é unha tecnoloxía sustitutiva que, de forma progresiva, irá aplicándose ás televisións dos fogares españois.

Os datos son favorables e mostran que a adaptación á TDT vai gañando velocidade. Na segunda onda do Estudo Xeral de Medios, realizado nos meses de abril e maio, a Asociación para a investigación dos Medios de Comunicación cifra a penetración da alternativa dixital nun 19,4% dos fogares, o que supón un incremento trimestral do 1,8% respecto da onda anterior.

EL DIARIO MONTAÑÉS/COLPISA
MADRID

Documentación