31 xornalistas feridos polos Mossos d'Esquadra mentres realizaban o seu traballo
O pasado mércores 18 de marzo, producíronse en Barcelona varios enfrontamentos entre os Mossos d'Esquadra e os estudantes contrarios ó desaloxo do Edificio Histórico da Universitat de Barcelona. Durante a cobertura deste acto varios dos xornalistas e fotógrafos encargados desta tarefa resultaron feridos debido á carga policial. As protestas por esa actuación da policía catalana que se deron na tarde do mesmo día deixaron de novo varios xornalistas feridos durante o exercicio da súa profesión.
No trascurso do enfrontamento entre os Mossos d'Esquadra e os manifestantes, os xornalistas foron agredidos a pesar de estaren a realizar o seu traballo. Os xornalistas e fotógrafos iban na maioría dos casos identificados, ou ben con elementos propios do desenvolvemento do seu labor, como micrófonos, cámaras fotográficas e de vídeo, ademais do brazalete que os identifica como informadores.
Dende o Sindicato de Periodistas de Catalunya, nun comunicado afirmaban "Sen entrar a valorar a actuación policial respecto aos manifestantes, as agresións contra os profesionais da información supoñen un grave atentado ao dereito á información da ciudadanía á que serven os xornalistas cando acoden a estos acontecementos".
O propio SPC subliñaba que ataques de esta clase non é a primeira vez que se producen e lamentaba que os responsables do corpo policial non teñan feito nada por evitalos a pesar das reiteradas denuncias expresadas. Por isto o Sindicato vese na obriga de esixir unha vez máis ó Departamento de Interior que depure as responsabilidades que correspondan para que os feitos como estes non se repitan.
O Col·legi de Periodistes de Catalunya (CPC) tamén mostraba o seu repudio contra este feito e decidiu ademais personarse en todos os procedementos legais que se poidan poñer en marcha tras as agresións que sufriron os xornalistas nestas cargas dos Mossos d'Esquadra.