A adxudicación de emisoras por parte do CAC
O Pleno do Consello do Audiovisual de Cataluña (CAC), en sesión celebrada o 7 de novembro, aprobou un acordo segundo o que se adxudica a explotación comercial de 83 concesións de radio en frecuencia modulada. A adxudicación foi realizada a través do sistema de concurso público.
O Consello, tras ter excluído aquelas que presentaban defectos de forma ou falta de acreditación, analizou un total de 1.279 solicitudes, correspondentes a 73 licitadores.
Trátase da primeira adxudicación de concesións para a prestación de servizos audiovisuais que se fai en Cataluña, e tamén no conxunto de España, na que a convocatoria e a resolución corresponden exclusivamente a unha autoridade independente de regulación do audiovisual. Séguese, pois, o modelo existente na maioría de países da Unión Europea, onde a adxudicación de concesións de radio e televisión deixou de ser competencia dos gobernos.
O CAC adquiriu a plena competencia sobre o outorgamento dos títulos habilitantes para a prestación de servizos audiovisuais por mor da entrada en vigor da Lei 22/2005, de 29 de decembro, da comunicación audiovisual de Cataluña.
As frecuencias e zonas de servizo obxecto do concurso foron as reservadas para Cataluña de acordo co Proxecto técnico nacional de radiodifusión, aprobado polo Real decreto 964/2006, de 1 de setembro, e a resolución PRE/3315/2006, de 17 de outubro.
A licitación do concurso público foi anunciada no Diario Oficial da Generalitat de Cataluña o 21 de decembro de 2007. Os solicitantes puideron presentar as súas propostas desde esa data e ata o 14 de febreiro de 2008. A Mesa de contratación do CAC realizou, o 7 de abril, o acto público de apertura dos sobres coa documentación relativa ás propostas tecnolóxicas, económicas e de programación.
CAC
CATALUÑA