A cámara oculta divide á profesión
Esta semana Sala Primeira do Tribunal Constitucional declaraba por primeira vez "ilexítimo" o uso de cámaras ocultas no xornalismo e asegurou que o uso destes medios de gravación está constitucionalmente prohibida.
A devandita sentenza volveu a sacar á palestra o vello debate ético sobre o xornalismo realizado con estes dispositivos. Se algunhas organizacións responderon con rapidez criticando o fallo, desde o propio xornalismo se elevaron tamén voces que insistían no cuestionábel dunha práctica cada vez máis extendida.
Neste dossier recollemos algunhas das opinións expresadas nos últimos días, todas desde o ámbito do xornalismo, sobre o adecuado ou non do uso das cámaras ocultas e da recente sentenza do Constitucional.