A CMT media no conflito das radios coa Liga
As radios comerciais mostraron "satisfacción e acatamento" tras a medida cautelar aprobada pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) para que abonen "de xeito transitorio" un total de 98 euros por partido/estadio a próxima tempada.
O secretario xeral da Asociación Española da Radio Comercial (AERC), Afonso Ruiz de Assin, mostrouse "satisfeito" porque, ao seu xuízo, esta medida "pode contribuír a desbloquear un conflito que empezou hoxe hai un ano".
O ano pasado, comezou o conflito coa pretensión dos clubs de cobrar un novo canon ás emisoras para permitir narrar os partidos desde os campos, que ata ese momento entraban gratis nos estadios. As radios negáronse a pagar este cánon e desde setembro do ano pasado non puideron entrar aos estadios para informar dos encontros.
Ao longo deste ano, as emisoras teñen elevado numerosas queixas aos tribunais, ao executivo e, agora, á Comisión do Mercado das Telecomunicacións para evitar ter que pagar o canon imposto pola Liga. Finalmente, esta semana anunciaban que acatarían a medida cautelar imposta pola CMT.