A Deputación de Ourense volve non esixir a titulación para unha praza de xefe de pensa
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas (CPXG) rexeita de novo a convocatoria de prazas para gabinetes de comunicación, por parte de Administracións Públicas, que non esixen a titulación universitaria en xornalismo ou a súa colexiación nesta corporación de dereito público.
O último caso do que se ten constancia é a convocatoria dunha praza para xefe de prensa na Deputación de Ourense que só esixe na formación académica o bacharelato. A deputación devalúa o posto o cualificalo de clase ‘C’ e non como sería lóxico de clase ‘A’ para o que se requeriría un titulado.
En 2009, o CPXG xa presentara un recurso de reposición na convocatoria da praza que corresponde a un licenciaado en Comunicación, pero a deputación ourensana só esixía bacharelato ou formación profesional en segundo grao sen nin sequera puntuar as titulacións que avalan ese exercicio profesional.
Como xa se puxo de manifesto dun informe elaborado polo CPXG, as funcións non poden ser desenvolvidas por calquera que só teña estudos de Bacharelato ou Técnico, ou equivalente, senón que as persoas encargadas destas tarefas teñen que ter unha preparación específica. A esta formación accédese no ámbito específico dos estudos de xornalismo, tal como se recolle no Real Decreto 1428/1991, do 30 de agosto, no que se establece que "as ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Licenciado en Xornalismo deberán proporcionar unha formación especializada no ámbito da elaboración, xestión e difusión da actividade informativa xornalística, nos seus diversos ámbitos temáticos e nos distintos medios de comunicación"
A situación antes descrita, especialmente censurable ó tratarse de convocatorias feitas por institucións públicas, afecta gravemente a aqueles profesionais que cursaron os estudos oficiais e que poden acreditar cun título universitario os coñecementos precisos para o desenvolvemento das tarefas do ámbito da comunicación. Os seus intereses persoais e profesionais constrínxense ao ter que competir con persoas que non terían dereito a optar por ese determinado posto, ao non posuír a titulación esixida para realizar esas actividades.
O Colexio de Xornalistas convida a Deputación de Ourense a seguir o camiño da Universidade da Coruña que, logo das xestións do CPXG, corrixiu a convocatoria dunha praza para esixir a titulación de xornalismo, en cumprimento da Relación de Postos de Traballo.
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia