A exposición 'A imaxe de Galicia' podese ver en Pontevedra ata o 24 de outubro
Ata o próximo 24 de outubro poderase ver na sede da Fundación Caixa Galicia en Pontevedra (Praza de San Xosé, 3) a exposición 'A imaxe de Galicia', unha mostra organizada pola Fundación Caixa Galicia e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
A exposición recolle unha serie de fotografías que se presentaron ao certame 'A Imaxe de Galicia 09', unha iniciativa da Fundación Caixa Galicia e do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia que premiou as mellores imaxes publicada nos medios de comunicación galegos no 2009.
CPXG
CPXG