A FeSP impulsará o diálogo para a regulación da profesión xornalística
Diante do deterioro crecente da profesión xornalística, coas súas negativas consecuencias para o dereito que ten a cidadanía a recibir información veraz e plural, a Xunta Executiva Federal da Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP) considera urxente aprobar unha lei que regule ese dereito e os dos xornalistas, así como os deberes destes.
Por este motivo, a FeSP decidiu impulsar o diálogo entre todas as organizacións de xornalistas, co fin de acadar un documento consensuado tal e como expón o PSOE no seu programa de Goberno.
Esta Federación espera que o partido gobernante cumpra por fin o compromiso que adquiriu publicamente José Luis Rodríguez Zapatero, e non volva a deixalo durmir no congreso dos deputados como fixo durante a anterior lexislatura.
A Xunta Executiva da FeSP reitera o apoio á denuncia do Sindicat de Periodistes de lles Illes Balears contra a televisión IB3 para acabar coa externalización de toda a programación da emisora pública balear, incluídos os informativos.
Da mesma maneira, expresa o seu apoio ás mobilizacións do patrón de Telemadrid, tanto na súa loita por un convenio digno e contra as externalizacións, como contra a manipulación informativa.
Así mesmo, se solidariza cos traballadores de Andalucía Directo (programa de Canal Sur TV exteriorizado) na negociación do seu convenio colectivo, paralizado pola intransixencia da empresa produtora.
Por último, a FeSP esixe ás Administracións Públicas competentes que vixíen o cumprimento dos compromisos adquiridos polas empresas ás que conceden licencias de radio ou televisión.
En demasiadas ocasións as concesionarias incumpren escandalosamente a súa obriga de contratar aos profesionais da información necesarios para o correcto servizo público polo que reciben as licencias.
FeSP
BARCELONA