A Folga Xeral nos medios de comunicación
A Folga Xeral realizada o pasado mércores 14 de novembro ivo unha especial incidencia no sector dos medios de comunicación, especialmente golpeado pola crise. Televisións sen emisión e xornais moi reducidos foron os efectos máis significativos.
Segundo a Federación de Sindicatos de Xornalistas, "o paro nas redaccións non ten precedentes e converteuse na resposta da profesión á situación de precariedade".
O maior éxito da Folga Xeral estivo nas televisións públicas. En case todas elas só se cumpriron os servizos mínimos pactados. Telemadrid suspendeu todas as súas emisións e Canal Sur tamén foi 'a negro'. Na CRTVG por primeira vez se acadou un acordo para fixar os servizos mínimos, que os sindicatos calificaron de "histórico".
Ademais, por primeira vez, a xornada de folga xeral coincidiu coa da prensa escrita, que tradicionalmente se desenvolvía o día anterior. Os sindicatos de xornalistas e as federacións de CCOO-FSC y UGT-FeS decidiron convocxar o paro no mesmo día para facer frente a nova realidade que significan os medios dixitais.
Moitos diarios realizararon tiradas moi curtas e con menor paxinación, perante a imposibilidade de garantir unha distribución normal.