A precariedade laboral da muller no sector da comunicación
Nun informe realizado a finais do pasado ano, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) denunciou a precariedade da profesión xornalística sobre as mulleres, que constitúen, aproximadamente, un 40 por cento das redaccións a pesar de ocupar máis dun 70 por cento das prazas nas facultades.
O 40 por cento dos profesionais son mulleres, pero contan con salarios máis baixos en relación ós varóns. Esta foi unha das conclusións extraidas do informe encargado ó CPXG pola comisión parlamentaria sobre Igualdade dos Dereitos das Mulleres do Parlamento de Galicia.
Belén Puñal, membro da Xunta de Goberno do CPXG, levou a cabo a investigación e ofreceu datos de varios medios da Comunidade galega durante o presente mes. "Non hai correspondencia", criticou, ao tempo que apuntou que esta situación se fai máis evidente nos postos de dirección. Ningunha ten un posto de dirección ni de subdirección, aínda que hai un 25 por cento de representación feminina nos postos directivos de segundo nivel, é dicir redactoras xefas e coordinadoras.
Pola súa banda, o xornal deportivo DxT Campión rexistrou a peor representación feminina, cun 10 por cento de mulleres; seguido pola cadea COPE, cun 20 por cento; ou Diario de Bergantiños e Onda Cero Vigo, un 33 por cento. Tamén El País e Faro de Vigo contan con, aproximadamente, un 30 por cento, ao igual que La Voz de Galicia, cun 36,8 por cento. Salientar que únicamente o Diario de Ferrol é o que maior porcentaxe de mulleres acolle na súa plantila cun 76,20 %
O Grupo Correo Gallego sitúase no 47 por cento, con 92 xornalistas dos cales 43 son mulleres; El Progreso de Lugo, cun 43 por cento; e Onda Cero na Coruña e Pontevedra, un 50 por cento. O limiar da metade só é superada por La Opinión da Coruña, El Ideal Gallego e Onda Cero en Santiago; ademais de pola Televisión de Galicia (51%) e a Radio Galega (70%).
Non obstante, laméntase que os medios que contratan máis mulleres son "maioritariamente" aqueles que se nutren das novas xeracións de xornalistas que acaban de saír da facultade, polo que, adoitan ser contratos de recente creación, "máis modestos e con condicións máis precarias".
Non apartado salarial, aludiu a un estudo da USC do 2002, no cal constatou que un 6,8% dos homes cobraban máis de 1.800 euros, fronte a un 3,5% de mulleres.
A imaxe que se reflicte nos medios de comunicación sobre a población feminina, por unha parte está marcada pola "invisibilización" e por outra pola "estereotipación". Así, sólo entre un 15 e un 18% das noticias ten ás mulleres como protagonistas, e pese a que se atopan "sobrerrepresentadas" en sucesos ou sociedade, están "subrepresentadas" en economía.
Tamén os medios ofrecen o estereotipo da muller con respecto aos roles tradicionais. Así, vincúlase ás mulleres á programación rosa e á moda; mentres que o seu contrapunto sería "a muller mala: superwoman, ambiciosa, competitiva, autónoma". Trátase dunha muller que domina en ámbitos masculinizados.