A regulación dos medios de comunicación públicos
O dosier sobre os Consellos Audiovisuais contén documentación sobre os diferentes proxectos e leis para a creación dos consellos audiovisuais de Galicia, Cataluña, Madrid, Navarra ou Andalucía, entre outros. Ademais de documentación referida a diversar resolucións xudiciais e textos dende a Asociación de Usuarios/as da Comunicación.
Os Consellos do Audiovisual son organismos creados para seren entes reguladores no plano da comunicación audivisual. Actualmente son tres os que existen no estado español (en Cataluña, Navarra e Andalucía), e están dotados de capacidades competenciais moi desiguais.
Mentres o Consello do Audiovisual de Cataluña (CAC) adxudica, regula e xestiona as concesións públicas a empresas nos dous campos que lle competen: radio e televisión; os consellos navarro e andaluz a penas se teñen en conta como organismos de control.
Na actualidade o debate sobre a necesidade de crear unha autoridade reguladora do audiovisual de nivel estatal únese á polémica sobre a idoneidade da proposta de lei do Estatuto do/da Xornalista Profesional. Un debate paralelo, protagonizado polos/as partidarios/as da inexistencia de leis reguladoras a prol do bo funcionamento da autorregulación individual; e polos/as defensores/as da regulación legal, que consideran que só cunha lei se poderá gardar o equilibrio entre o respecto dos dereitos e das liberdades individuais, o dereito á liberdade de expresión e información, e o dereito cidadán a estar informados/as.