A Xunta envía ao Parlamento a lei que limita e regula a publicidade oficial
Os contratos de creación, preparación e execución de publicidade que asinen a Xunta, as súas entidades administrativas e a administración local e provincial deberán respectar os principios de "publicidade, concorrencia e non discriminación" e valorar preferentemente "prezo, orixinalidade e creatividade".
O proxecto de Lei de Publicidade Institucional, aprobado polo Consello da Xunta, establece ademais que cando o contrato "implique a difusión da publicidade, valorarase preferentemente o prezo, o grao de difusión ou a audiencia do medio" de comunicación que vaia servir de soporte, así como "a adecuación do seu ámbito territorial" ao "público obxectivo" ao que vai destinada a publicidade.
Cando a nova norma entre en vigor (aínda debe ser tramitada no Parlamento), sumarase ás de Transparencia e Subvencións para completar o marco normativo co que o Goberno bipartito quixo impulsar a "rexeneración democrática" de Galicia tras anos de xestión do PP.
Este partido, a través do seu voceiro parlamentario, Manuel Ruiz Rivas, asegurou que o proxecto de lei "chega tarde". O bipartito, asegura Ruiz Rivas, leva toda a lexislatura "derrochando diñeiro de todos os galegos a mans cheas en campañas de propaganda deseñadas para ocultar o fracaso da súa xestión".
O proxecto de lei define a publicidade institucional como "toda forma de comunicación difundida por calquera medio por parte da Administración co fin de promover a súa imaxe, as súas actividades ou fomentar valores de interese público".
O texto que saíu do Consello acabou incorporando algunhas previsións das que carecía cando a Xunta iniciou a súa redacción: as campañas de publicidade quedarán prohibidas entre a convocatoria e a celebración de eleccións (unha previsión que non fai máis que aplicar unha resolución da Xunta Electoral) e tampouco se poderán contratar anuncios destinados exclusivamente a "destacar os logros de xestión ou os obxectivos conseguidos" polas administracións.
Unha comisión, integrada por representantes das administracións e varios expertos, terá capacidade para informar sobre a adecuación das campañas publicitarias á lei e, a pedimento de "calquera persoa que ostente un interese lexítimo", poderá ordenar a súa suspensión ou solicitar a súa retirada ou rectificación.
A Xunta e as súas entidades públicas deberán remitir anualmente a esta comisión unha memoria facendo constar as campañas desenvolvidas, con especial mención dos seus obxectivos e custos totais.
A futura lei non acabará, segundo precisou onte Touriño, cos convenios que asinan as consellerías con periódicos, revistas e radios privadas e que, segundo o Colexio de Xornalistas de Galicia, se utilizan para condicionar a liña editorial das empresas de comunicación.
E iso a pesar de que o Pacto de Goberno PsdeG-BNG prometía, textualmente, o "establecemento dunha regulación transparente e obxectiva das relacións coas empresas privadas de comunicación, ligándoas en todo caso ao cumprimento efectivo de fins de interese público, en busca dunha opinión pública galega plural".
Estes convenios, cuxo orixe se remonta á xestión do PP, xa foron denunciados o ano pasado polo Consello de Contas, que nas contas de 2004 detectou o reparto a dedo de polo menos 14,08 millóns de euros no 2004 entre medios de comunicación.
O órgano fiscalizador revelou entón numerosas irregularidades, a falta de concorrencia e a ausencia de criterios obxectivos de selección para xustificar as entregas de diñeiro, unha práctica que, segundo diversas fontes, continúa na actualidade a igual ou maior ritmo que baixo a presidencia do PP.
FERNANDO VARELA / EL PAÍS
SANTIAGO DE COMPOSTELA