Accionistas de Mediapubli compran a web de Público

Dossieres

A poxa da web Público.es rematou este mércores coa entrega da marca Público á inmobiliaria Display Connectors, cuxos propietarios coinciden coa maioría dos accionistas que controlaban Mediapubli.

O prazo para presentar ofertas vencía o luns e alí acudiu unha delegación de extraballadores e tamén Toni Cases, accionista de Mediapubli a través da sociedade Investimentos Editoriais Panamericanas e acredor do diario.

Cases presentou a oferta da empresa Display Conector SL, creada en febreiro pasado. Segundo a documentación achegada, os accionistas da empresa que puxa son Pag1SL (como administrador figura un irmán de Cases) cun 40%; Mediacable de Servizos e Produción (na que Roures figura como apoderado) cun 10%; o propio Roures cun 5%, e os socios de Público Tatxo Benet e José Luís Zárraga, entre outros.

A maxistrada Bárbara Córdoba decidiu entregar a marca a esta oferta, que con 412.000 euros superaba nun 170.000 euros a oferta da cooperativa de ex traballadores.

MásPúblico, a cooperativa formada ex traballadores e lectores do diario Público, confirmou tras o resultado da poxa que mantén o seu proxecto, agora coa formación dunha cabeceira propia.

Documentación